Unha presa de debuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro.

Ed. Arsnovos, Buenos Aires.
1956

Álbum con vinte estampas acompañadas de cadanseu texto, realizado na Arxentina, que describe o universo particular do artista no castro de Samoedo. Edición limitada de 200 exemplares numerados e asinados todos os debuxos polo autor.

Inclúe como prólogo o texto «Meu cabalete», clave para entender o xiro que Isaac fai a finais dos anos corenta abandonando a pintura para comezar a experiencia cerámica:

“O lenzo teu agardaba como a i-auga o xeroulífico que forman ô noos redor n´iste inverno de 1954 isas direuciós. Pro miña ruindade magoábate porque os homes podentes das vilas me chamaban para pibtar as facianas nos lenzos, o brillante da mau plantada sobor do brazo da cadeira, a crevata de seda natural sobor da camisa de puro fío, as donas burguesas en traxe de festacon fondo de estanza pazal, e, co sinceiro ser dos que desexan agacharse detrás de traxes e caretas, meus cadros tiñan temén de ser testigos i retartaban o que ollaban. Os riscos das nosas vilas eran así, i-eu era unha cámara escura que pintaba por catro cartos o que me mandaban. Tamén tiraba de min outro mundo ben novo enchido de côres e liñas, intelixente e lisgairo que medraba nas grandes vilas de Europa.”

Ademais, o libro contén historias sobre as personaxes dos arredores do castro de Samoedo, onde se sitúa a fábrica do Castro, Sada (A Coruña).

Midas e O ángulo de pedra.

Editorial Citania, Buenos Aires.
1957

Dúas traxedias clásicas, datadas no castro de Samoedo nos anos 1949 e 1951, respectivamente, e publicadas na Arxentina, na Editorial Citania no ano 1957, con ilustracións e cubertas de Luis Seoane. Estreouse no ano 2018, da man de Lino Braxe e co apoio da Deputación da Coruña, que con este motivo publicou unha edición facsímile da obra.

Discusión sobre la organización de industrias manufactureras.

Imprenta Moret, A Coruña.
1960

Isaac dedica este libro «a mis compañeros de las fábricas del Castro y Magdalena» coa intención de crear unha conciencia industrial en Galicia. O volume, de 60 páxinas, con ilustracións do autor foi prohibido e secuestrado pola censura.

El ceramista Arranz y su escuela.

Ediciós O Castro, A Coruña.
1964

A través de 28 páxinas, Díaz Pardo explica como coñeceu a obra do ceramista, ofrece unha cronoloxía, o significado da súa obra e remata cun capítulo con reproducións das pezas de Arranz.

Galicia hoy, en colaboración con Luís Seoane.

Ed. Ruedo Ibérico, París.
1965

Foi publicado baixo os pseudónimos Maximino Brocos e Salvador Fernández (Luis Seoane e Díaz Pardo, respectivamente).

Veinte desnudos de Cecilia la acróbata. Dibujos de Díaz Pardo.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1965

Isaac describe a través das 50 páxinas de debuxos e textos a personalidade de Cecilia, á que Isaac debuxa en plena actuación no barrio de San Telmo de Buenos Aires.

El escultor Emiliano Barral.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1965

Isaac rescata do esquecemento a este importante artista español morto na Guerra Civil, defendendo a República.

Cartel de cego. Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por il mesmo. Romance de Arístides Silveira con limiar tirado dos proverbios do conde Vimioso (o vello) e un epílogo de Celso Emilio Ferreiro. Música de Isidro B. Maiztegui. Debuxos de Díaz Pardo.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1970

Cartel de cego. A nave espacial. Historia contada polo cego Zago na que refirense os traballos pasados por Manuela Canle e seu home para chegar a voar. Música de Ramiro Cartelle. Dibuxado por Díaz Pardo.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1970

Cartel de cego. O marqués de Sargadelos. Historia contada polo cego Zago onda gábanse as sabencias de Antonio Raimundo Ibáñez na vida e nárranse seus erros e a súa tráxica morte. Música de Ramiro Cartelle. Dibuxado por Díaz Pardo.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1977

Cartel de cego. O crimen de Londres. A criada que estrangulou á súa ama pola música. Historia contada polo cego Zago en 1970. Dibuxada por Díaz Pardo en 1977.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1977

Cartel de cego. Castelao. Historia contada polo cego Zago e debuxada por Díaz Pardo en 17 cadros e 2 intermedios de pranto do cego. Adicada aos nenos, a esperanza de Galiza.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1977

Contribución de urgencia al entendimiento de los problemas de arte/industria. Cadernos do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
1976

Galicia hoy y el resto del mundo. Neo-mozárabes y neo-mudéjares a cine años del nacimiento del comienzo de la guerra civil española.

Ediciós do Castro, documentos para a historia contemporánea de Galicia, núm. 41, Sada (A Coruña).
1987

Con un apéndice de F. Fernández del Riego sobre «A cultura no exilio» y otro de Alberto Vilanova sobre “Los exilados gallegos”.

Díaz Pardo abre o libro cun texto onde recorda o volume co mesmo título (Galicia hoy), coordinado por Isaac e Luis Seoane na editorial Ruedo Ibérico no 1965. Ao longo das súas 257 páxinas, o autor repasa pasaxes da súa propia autobiografía, mesturando ademais recordos de Castelao, o plebiscito de autonomía, Otero Pedrayo... entre outros temas.

Presencias galegas na arte nos nosos días.

Publicacións da Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Ourense).
1993

A través de 91 páxinas, Isaac aborda nove temas entre os que destaca o primeiro deles, titulado «O meu cabalete» como alusión ao escrito co mesmo título en Unha presa de debuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro, Ed. Arsnovos, Bos Aires, 1956. Tamén fala dos complexos do Castro e Sargadelos, de Laxeiro, Luis Seoane, entre outros.

Tentando construir unha esfinge de pedra. Desassosegos de Isaac Díaz Pardo.

Ediciós do Castro, Sada (A Coruña).
2007

Escrito en normativa reintegrada e dedicado ao seu pai. Nas 67 páxinas con ilustracións do autor, Isaac explica atoparse nun pozo sen fondo desde onde observa como a obra maior da súa vida se desfai. Durante o texto mantén un diálogo poético e surrealista cunha esfinxe de pedra «reencarnaçom das suas utopias, do seu afám criador, da ingente obra oculta trás o nome de Laboratorio de Formas.»  En toda a obra se respira amargura, decepción e fracaso.

Máis información sobre este tema en Isaac escritor.