Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia, con domicilio en Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC, 3º andar, Lugar de Monte Gaiás, s/n (CP 15707) de Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF G15721640, é a titular do dominio http://www.cidadedacultura.gal e dos distintos elementos nel incluídos.

A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario da mesma e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.

A Fundación resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presente es disposicións xerais así como as particulares que resulten de aplicación.

A Fundación non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a Fundación declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos.

A Fundación facilita o acceso mediante enlaces, a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de internet. No entanto, as ditas páxinas non pertencen á Fundación nin facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso.

Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia non asume responsabilidade ningunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos e contidos son titularidade da Fundación Cidade da Cultura de Galicia pertencente ao sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na pestana “Política de Privacidade” aloxada nesta mesma web.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. Para estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, será considerada como «Datos Persoais» calquera información referente a persoas físicas identificadas ou identificables que o Usuario lle facilite de forma voluntaria á Fundación Cidade da Cultura de Galicia e que sexa obxecto de tratamento baixo a responsabilidade da Fundación Cidade da Cultura de Galicia:

Fundación Cidade da Cultura de Galicia
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC 3.º andar. Monte Gaiás, s/n.
CP 15707. Santiago de Compostela. A Coruña. España.
Número de identificación fiscal: C.I.F.: G15721640

Delegado de Protección de Datos: https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Con que finalidade tratamos os seus datos?

Os seus datos serán tratados coas seguintes finalidades:

  • Envío de información para a xestión do/s servizo/s da Cidade da Cultura que vostede solicitase.
  • Envío de información sobre as actividades da Cidade da Cultura que poidan ser do seu interese; informar os subscritores das actividades, servizos e campañas da Cidade da Cultura;  invitacións a eventos e información sobre as repercusións do noso traballo.
  • Tratamento estatístico dos seus datos para a elaboración de perfís co fin de mellorar os servizos do Museo.

Os seus datos persoais serán tratados exclusivamente para os fins anteriormente mencionados e serán conservados ata que se solicite a supresión por parte da persoa interesada, sen que en ningún caso sexan tratados ulteriormente de maneira incompatible cos devanditos fins.

Tamén trataremos os seus datos para enviarlle comunicacións comerciais personalizadas pola súa condición de titular da tarxeta Club Gaiás ou de adquirente de entradas das nosas actividades culturais.

As finalidades da recollida dos seus datos persoais son as que particularmente se indiquen en cada unha das páxinas onde apareza o formulario de rexistro electrónico. Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender as súas solicitudes e consultas, así como para informalo/a sobre novas actividades, eventos e servizos organizados ou xestionados pola Fundación. No caso de que a través dos citados formularios, facilite datos de carácter persoal de terceiros, previamente á súa inclusión deberá informar a estes dos puntos establecidos nos parágrafos anteriores, e absterse de incluílos de non obter o seu consentimento.

Ademais, a información obtida é totalmente anónima e en ningún caso pode ser asociada a un usuario concreto nin identificado.

Lexitimación

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia é unha organización de natureza fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, cun patrimonio afecto de maneira duradeira á realización dos fins de interese xeral propios da Institución.
A Fundación ten por obxecto a creación, explotación e promoción de áreas ou centros de conservación, produción, exhibición e consumo cultural, comunicativo e tecnolóxico que constitúan un espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador propicio á interacción cultural.
Mediante Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 11 de xaneiro de 2000, (DOG  núm. 11, do 18 de xaneiro), clasificouse a Fundación Cidade da Cultura de Galicia como cultural e adscribiuse á Consellería de Cultura. Por Orde da Consellería de Cultura do 19 de xaneiro de 2000 (DOG  núm. 26, do 8 de febreiro) declarouse de interese galego e inscribiuse no Rexistro de Fundacións co número 73.

Para a consecución dos fins para os que foi creada, a Fundación pode realizar as seguintes actividades:

a) As necesarias para se converter nun actor clave na difusión cultural, que sirva de punto de encontro entre os cidadáns e a cultura.

b) As que contribúan a desempeñar un papel destacado no proceso de enriquecemento/aprendizaxe cultural da cidadanía, con especial énfase na adopción e uso das novas tecnoloxías.

c) As tendentes a propiciar o acercamento da Cidade da Cultura de Galicia dunha maneira física á cidadanía, servindo como espazo de desenvolvemento de actividades non estritamente culturais, con especial énfase no lecer, o contacto coa natureza e o deporte.

d) Cantas dinamicen o sistema cultural galego, promovendo a difusión e conservación da nosa cultura e a formación dunha comunidade artística vibrante, atendendo tanto a autores de referencia como a novos talentos ou á cultura de base.

e) As que fomenten a interrelación e os proxectos en conxunto entre axentes de distintos ámbitos das industrias culturais e creativas, con especial énfase na cooperación interrexional e a colaboración pública e privada.

f) As idóneas para situar o Gaiás como referente internacional de reflexión, debate e formación no eido da innovación na xestión cultural que contribúa á profesionalización dos diferentes axentes e das súas iniciativas.

g) As que impulsen o emprendemento empresarial no ámbito das industrias culturais e creativas, con especial énfase en proxectos que favorezan a innovación, tanto tecnolóxica como non tecnolóxica, e a súa transferencia aos sectores máis maduros do tecido produtivo, servindo como plataforma de desenvolvemento e promoción da marca país Galicia.

h) As actividades e accións que contribúan a converter a Cidade da Cultura de Galicia nun proxecto economicamente sostible e socialmente rendible, incorporando novos socios estratéxicos, tanto públicos como privados, e diversificando as fontes de financiamento para conseguir a sustentabilidade do proxecto con independencia do ciclo económico.

Como obtemos os seus datos persoais

Información que nos facilita

Obtemos os datos persoais que vostede nos facilita a través da nosa web, mediante formularios ou campos que deben completarse, inscrición na nosa newsletter ou a través do correo electrónico.

No momento da recollida informaráselle da nosa Política de Protección de Datos.

Información que obtemos das súas visitas na nosa web

Obtemos e almacenamos información persoal limitada e estatísticas globais anónimas de todos aqueles usuarios que visitan a nosa web, ben porque vostede nos facilite a devandita información de forma activa, ben porque se atope simplemente navegando na nosa web. Esta información obtense a través de cookies (para máis información, consulte a Política de Cookies, a continuación).

Política de Cookies

As cookies son arquivos que as páxinas web almacenan no navegador do Usuario que as visita, necesarias para lle proporcionar á navegación web vantaxes na prestación de servizos interactivos.

Podemos utilizar cookies cando o usuario navega polas diferentes pantallas e páxinas da nosa web coa finalidade de recoñecer os usuarios para lles poder ofrecer un mellor servizo e máis personalizado. No entanto, a este respecto o usuario poderá controlar o nivel de seguridade do seu equipo mediante a opción correspondente que teña o seu programa navegador.

Coa navegación, presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal:
 

  • Cookies técnicas: son aquelas que lle permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación, así como a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, utilizar elementos de seguridade durante a navegación ou compartir contidos a través de redes sociais.
  • Cookies de personalización: Son aquelas que lle permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario; por exemplo, serían o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional dende onde accede ao servizo, etc.
  • Cookies de análise e publicitarias: son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e deste xeito realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lles ofrecemos.
  • Cookies de terceiros: poden utilizar servizos de terceiros, os cales recompilan información con fins estatísticos, de uso da páxina web por parte do usuario e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade da páxina web e outros servizos de Internet.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando o enderezo IP antes de almacenalo. Tampouco asocia o seu enderezo IP truncado a ningún outro dato conservado por Google, nin lles pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros, agás cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede denegar denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, pulse aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Recomendacións ao usuario:

Na actualidade, a maioría dos navegadores están configurados por defecto para «aceptar todas as cookies»; no entanto, en atención ao disposto polo Regulamento sobre a privacidade e as comunicacións electrónicas, denominado «E-Privacy», a presente páxina web outórgalle ao usuario a posibilidade de que o usuario poida manifestar a non instalación das cookies mediante o uso dos axustes adecuados do navegador ou doutra aplicación. Polo tanto, esta páxina web está adaptada ao estándar «Do Not Track».

Como deshabilitar as cookies nos navegadores?

O consentimento para a instalación de cookies pode ser revogado en calquera momento polo usuario accedendo á configuración do seu navegador e eliminando as cookies.

Internet Explorer (https://support.microsoft.com/es-es/help/17442/windows-internet-explorer...)
Mozilla Firefox (https://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-sitio...)
Google Chrome (https://support.google.com/chrome/answer/95647?hl=es)
Safari (https://support.apple.com/kb/ph5042?locale=es_ES)
Opera (http://help.opera.com/Windows/11.50/es-ES/cookies.html)

Só comunicaremos os seus datos nos seguintes casos:

Os seus datos persoais poden ser tratados no noso nome polos nosos provedores terceiros de confianza. Subscribimos contratos con eles para que realicen unha variedade de operacións comerciais no noso nome. Unicamente se lles proporciona a información que precisan para realizar o servizo.

Sempre facemos o noso maior esforzo para garantir que todos os terceiros cos que traballamos manteñan a seguridade dos seus datos persoais.

A Fundación podería recoller e/ou almacenar a seguinte información acerca dos visitantes ou usuarios da nosa web:
 

  • O nome de dominio do provedor (PSI) e/ou enderezo IP que lles dá acceso á rede, co fin de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que nos visitan máis a miúdo.
  • A data e hora de acceso, que nos permite coñecer as horas de máis afluencia e facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación.
  • O enderezo de Internet dende o que partiu o link que dirixe á nosa web para comprobar a efectividade dos distintos banners e ligazóns que apuntan ao noso servidor e poder potenciar os que ofrezan mellores resultados.
  • O sistema operativo, navegador e resolución de pantalla empregados para coñecer as capacidades técnicas dos nosos visitantes e adecuar o deseño da páxina consonte estes datos.
  • O número de visitantes diarios de cada sección, diferenciando as áreas de máis éxito para  aumentar e mellorar o seu contido co fin de que os usuarios obteñan un servizo máis satisfactorio.

Para estes efectos, utilizaranse os datos obtidos a través de Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway,  Mountain View (Califorrnia), QUE 94043, Estados Unidos («Google»).

A información así obtida é totalmente anónima e en ningún caso será asociada a un usuario concreto e identificado.

Transferencias internacionais

Non se prevén transferencias internacionais de datos a países fóra do Espazo Económico Europeo.

Canto tempo conservamos os seus datos persoais?

Soamente conservamos os Datos Persoais facilitados durante o período establecido pola normativa legal co fin de satisfacer as necesidades dos usuarios ou para cumprir coas obrigas legais.

Para determinar o período de retención de datos dos seus Datos Persoais, utilizamos os seguintes criterios:

  •  Namentres dure a nosa relación contractual.
  •  Ao contactar coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia para unha consulta: durante o tempo necesario para atender a súa consulta.
  • Cookies que se instalan no seu ordenador: gárdanse durante o tempo necesario para lograr os seus propósitos e durante un máximo de 365 días.

Os datos cancelaranse de oficio cando non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recollidos e serán eliminados de forma automática dos nosos sistemas cando iso sexa posible.

Datos de menores

Para poder ser usuario activo desta web, é necesario ter 14 anos ou máis. Os menores desta idade só se poderán rexistrar a través dos seus pais ou titores. A Fundación Cidade da Cultura de Galicia exímese de calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito. Así mesmo, recomendámoslles aos menores de idade en xeral que consulten cos seus pais antes de proporcionaren datos de carácter persoal.

En ningún caso serán solicitados dos menores de idade datos relacionados coa situación económica, actividade profesional ou intimidade dos outros membros da familia. Neste sentido, a información relativa a menores será solicitada exclusivamente para o envío de información sobre actividades, concursos ou eventos da Fundación dirixidos especificamente ao público infantil e xuvenil. En ningún caso serán comunicados datos relativos a menores a terceiros alleos á Fundación, nin se utilizarán para campañas que sexan inadecuadas á idade correspondente ao menor.

Cales son os seus dereitos?

Vostede ten:

  • Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Dereito a opoñerse ao tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos.
  • Dereito a retirar o consentimento prestado.

Acceso/rectificación e supresión: as persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, de ser o caso, a solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para a execución do contrato.

Limitación: en determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou defensa de reclamacións.

Oposición: as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. A Fundación Cidade da Cultura de Galicia deixará de tratar os datos —salvo por motivos lexítimos, imperiosos ou o exercicio ou defensa de posibles reclamacións— e manterémolos debidamente bloqueados durante o prazo correspondente en canto persistan as obrigas legais.

Igualmente, a persoa interesada ten dereito a opoñerse á adopción de decisións individuais automatizadas que puidesen producir efectos xurídicos ou afectala significativamente.

Portabilidade: as persoas interesadas poden solicitar e recibir os datos que lles incumban e que nos facilitasen ou solicitar que llos enviemos a outro responsable do tratamento da súa elección nun formato estruturado de uso común e lectura mecánica.

Dereito a retirar o seu consentimento: as persoas interesadas teñen dereito a retirar en calquera momento o consentimento prestado, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento prestado no momento das súas subscricións ou achega de datos.

Exercicio de dereitos:

Onde se debe dirixir para o exercicio os seus dereitos?

Para o exercicio dos seus dereitos, a persoa interesada poderá remitir carta con todos os seus datos, incluíndo fotocopia de DNI ou pasaporte e indicación do dereito que se exerce, dirixíndose a FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIA, enderezo Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC 3.º andar, Monte Gaiás, s/n (CP 15707), de Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través de cidade.cultura@xunta.gal.

Responderemos ás súas peticións o máis axiña posible e, en todo caso, no prazo dun mes dende a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. O responsable informará a persoa interesada da prórroga dentro do primeiro mes dende a solicitude.

Cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, ten dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Actualizacións da nosa Política de Privacidade:

É posible que teñamos que actualizar o noso Aviso de Privacidade. A última versión do Aviso de Privacidade está sempre dispoñible no noso sitio web. Comunicaremos calquera cambio material no Aviso de Privacidade; por exemplo, a finalidade do tratamento dos seus datos persoais, a identidade do Responsable ou os seus dereitos.