Isaac Díaz Pardo (1920-2012) é unha figura clave para entendermos a cultura galega contemporánea. Marcado pola morte do seu pai a mans dos sublevados no ano 1936 e pola súa relación cos galegos exilados en América, dedicou toda a súa vida á recuperación da memoria en Galicia a través das súas empresas.