Ir o contido principal
Isaac Díaz Pardo Memoria viva
  • Vida
    Isaac Díaz Pardo

    Isaac Díaz Pardo (1920-2012) é unha figura clave para entendermos a cultura galega contemporánea. Marcado pola morte do seu pai a mans dos sublevados no ano 1936 e pola súa relación cos galegos exilados en América, adicou toda a súa vida á recuperación da memoria en Galicia a través das súas empresas.

  • Familia
    Isaac Díaz Pardo

    A relación de Isaac co seu pai, Camilo Díaz Baliño, importante escenógrafo e artista, marcará a súa vida para sempre. Artisticamente, será o seu primeiro mestre e a súa morte inesperada no 1936 provocará un cambio moi forte na súa maneira de entender a vida. Por outra parte, Mimina, como era coñecida a súa muller Carmen Arias, funcionará durante máis de 70 anos como a compañeira incondicional e o apoio necesario para sacar os proxectos adiante.

  • Amizades
    Isaac Díaz Pardo

    O contacto con Castelao e Ánxel Casal no taller do seu pai nos anos 30 e o reencontro con Luis Seoane na Arxentina no 1957 cambiaron a vida de Isaac, que tomou un camiño en prol da defensa da memoria de Galicia. Outras personalidades como Albalat, Rafael Dieste ou Lorenzo Varela tamén forman parte da traxectoria vital de Díaz Pardo, coa achega das súas ideas e a súa amizade de moitos anos.

  • Obra
    Obra

    Definido como multifacético, poliédrico e ata home do Renacemento, Isaac Díaz Pardo acolle na súa figura os perfís de pintor, ceramista, deseñador, arquitecto, escritor e empresario. Dentro desta actividade frenética, acadou un éxito destacado e mantivo sempre o seu compromiso coa cultura e coa memoria de Galicia.

  • Laboratorio de Formas
    Laboratorio de formas

    Produto do seu reencontro con Luis Seoane na Arxentina, e motivados pola situación de desmemoria que estaba a sufrir Galicia, no 1963 ve a luz o Laboratorio de Formas, un proxecto clave para a cultura galega do século XX, do que partirán importantes propostas, entre elas a recuperación de Sargadelos.

  • Empresas
    Empresas

    A súa traxectoria empresarial, desde os inicios da fábrica do Castro, a fábrica de Magadalena (Arxentina) ata o proxectado con Luis Seoane baixo o nome de Laboratorio de Formas supuxo o crecemento e a renovación das estructuras artísticas galegas na segunda metade do século XX e principios do XXI.

  • Fontes de estudo
    Isaac Díaz Pardo

    Fontes de estudo é unha sección dirixida sobre todo aos estudosos e aos investigadores, onde é posible descargar documentación variada sobre Díaz Pardo e diferentes recursos, ademais dunha bibliografía de toda a obra que trata a súa figura.

  • Arredor de Isaac
    Imagen Menú Arredor

    “Arredor de Isaac” é un espazo onde se recollen os actos e novas actuais relacionadas coa vida e obra de Díaz Pardo: exposicións, homenaxes, publicacións e demais traballos sobre a sua figura.

  • Galego
  • Castellano
  • English
Cabeceira Empresas

Empresas

«Si é importante a venda para nós e moito máis importante o labor cultural, porque se o labor cultural funciona dáse por engadidura e aumenta o prestixio de Sargadelos.»

1999

You are here

  • Home
  • Empresas
A súa traxectoria empresarial, desde os inicios da fábrica do Castro, a fábrica de Magdalena (Arxentina) ata o proxectado con Luis Seoane baixo o nome de Laboratorio de Formas, supuxo o crecemento e a renovación das estruturas artísticas galegas na segunda metade do século XX e principios do XXI.
Imaxe
O Castro
Cerámicas do Castro

«Eu empecei facéndoo todo, tanto o debuxo como o deseño. Primeiramente eran pezas escultóricas, como figuras, xerras ou pezas decorativas, pero decontado nos metemos á fabricación industrial, con servizos de mesa, xogos de café, vaixelas etc.»

Saber máis
Imaxe
Isaac en Magadalena
Magdalena

«Magdalena foi unha estación estraña na nosa vida; non sei que se nos perdía alí, na fin do mundo, a máis de 100 km de Buenos Aires.»

Saber máis
Imaxe
Sargadelos
Sargadelos

«Éncheme de orgullo que o nome de Sargadelos sexa recoñecido en todo o mundo.»

Saber máis
“Isaac Díaz Pardo Memoria viva
Vida Familia Amizades Obra
Laboratorio de Formas Empresas Fontes de estudo Arredor de Isaac
Sobre nós Aviso legalAccesibilidade

Atendémolo/a

info@isaacdiazpardo.gal

 
Logo Xunta Logo Xacobeo

Subir