A relación de Isaac co seu pai, Camilo Díaz Baliño, importante escenógrafo e artista, marcará a súa vida para sempre. Artísticamente será o seu primeiro mestre e a súa morte inesperada no 1936 provocará un cambio moi forte na súa maneira de entender a vida. Por outra parte, “Mimina”, como era coñecida a súa muller Carmen Arias, funcionará durante máis de 70 anos como a compañeira incondicional e o apoio necesario para sacar os proxectos adiante.