Sargadelos antigo: Historia do complexo industrial de Sargadelos: as fábricas de siderurxia e cerámica

Gravado do semanario pintoresco que representa as fábricas de louza de Sargadelos, 1851
Gravado do semanario pintoresco que representa as fábricas de louza de Sargadelos, 1851

A creación do complexo industrial de Sargadelos foi obra de Antonio Raimundo Ibáñez (1749-1809), un ilustrado que naceu na parroquia asturiana de Oscos, limítrofe con Galicia, no seo dunha familia fidalga de escasos recursos. Logo de instalarse en Ribadeo, en 1768, emprendeu negocios por conta propia ata converterse nun dos comerciantes máis notables da zona.

A creación do complexo industrial de Sargadelos foi obra de Antonio Raimundo Ibáñez (1749-1809), un ilustrado que naceu na parroquia asturiana de Oscos, no seo dunha familia fidalga de escasos recursos.

Homenaxe a don Antonio R. Ibáñez, mural de Luis Seoane en Sargadelos
Homenaxe a don Antonio R. Ibáñez, mural de Luis Seoane en Sargadelos

En 1784, xunto con José de Andrés García, rico almacenista de Santiago, fundou a Real Compañía Marítima, co obxectivo de comerciar con liño de Rusia, ferro e aceiro de Suecia, potes de Bordeos e bacallau de Terranova. Ademais, os dous socios puxeron en marcha, en 1791, o complexo siderúrxico de Sargadelos que, ao disolverse a compañía en 1794, quedou en mans de Ibáñez quen, ata a súa morte, dedicou a siderurxia a fabricar lingotes de ferro coado para lastre dos buques da armada e, sobre todo, municións para o exército. En 1803, ampliou o complexo industrial co inicio da construción da fábrica de louza que lle daría fama e transcendencia a Sargadelos.

Nun principio, o complexo siderúrxico de Sargadelos só fabricaba lingotes de ferro para os buques da armada e municións para o exército.

Catálogo da fundición, 1849. Colección Seminario de Sargadelos
Catálogo da fundición, 1849. Colección Seminario de Sargadelos
Escultura de Antonio Raimundo Ibáñez en Sargadelos feita pola artista Vilma Villaverde
Escultura de Antonio Raimundo Ibáñez en Sargadelos feita pola artista Vilma Villaverde

Logo da morte de Ibáñez, fíxose cargo das fábricas o seu fillo maior, José Ibáñez. Durante esta segunda etapa, a siderurxia centrouse máis na fabricación de potes ca de municións, que case deixaron de producirse a partir de 1829. O falecemento de José Ibáñez en 1836 supuxo a fin do control de Sargadelos pola familia Ibáñez. En 1840, a súa viúva, Ana Varela, arrendoulle a siderurxia por vinte anos ao comerciante de Carril Ramón Francisco Piñeiro, que se asociou con outros comerciantes e banqueiros de Ribadeo, Viveiro e Santiago. En 1845, Piñeiro arrendou tamén a fábrica de cerámica por quince anos.

En 1848, os dous socios maioritarios, Piñeiro e o compostelán Luis de la Riva Barros, xunto con outros comerciantes de Santiago, Carril e Madrid, crearon a sociedade Luis de la Riva y Compañía para explotar as fábricas de Sargadelos.

As primeiras probas para a fabricación de cerámica comezaron en 1806, que chegará a producir 20 000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século XIX.

Mambrú da 3.ª época (1845-1862)
Mambrú da 3.ª época (1845-1862)

Entre 1840 e 1860, emprenderon un proceso de modernización técnica e económica da fábrica que dobrou a produción de lingotes de ferro coado e aumentou a fabricación de produtos para a condución de augas e de consumo doméstico. Rematado o arrendamento das fábricas, o enxeñeiro Carlos Ibáñez, neto do fundador, intentou sen éxito poñer de novo en marcha os fornos, que se apagaron definitivamente en 1875.

Fonte da 3.ª etapa de Sargadelos (s. XIX)
Fonte da 3.ª etapa de Sargadelos (s. XIX)

As primeiras probas para a fabricación de cerámica comezaron en 1806, en vida do fundador, pero será o seu fillo José Ibáñez quen ampliará a fábrica orixinal, que chegará a producir 20 000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século XIX.  

Entre o 1809 e o  1875 a fábrica produciu placas, floreiros, xerras, lámpadas, candelabros, vaixelas, obxectos de tocador, louza chinesa opaca, xerras Mambrús e vaixelas ilustradas con estampaxe litográfica.

Podemos diferenciar varias etapas:

A primeira etapa (1809-1832), na que se fabrican placas, floreiros e xerras de estilo neoclásico inspirado na louza inglesa de Brístol, son de cor branca, con esmalte brillante e remate cremoso ou lixeiramente azulado.

A segunda etapa (1835-1842), na que José Ibáñez forma sociedade con Antonio Tapia e na que pasa a dirixir a fábrica o francés M. Richard, caracterizouse pola fabricación de louza fina de cor branca pintada á man e polo inicio das primeiras probas de estampaxe e policromía. Entre as pezas que se elaboraban nesta época, sobresaen as lámpadas, os candelabros, as vaixelas, as placas de temas mitolóxicos e relixiosos e os obxectos de tocador.

A contratación de expertos ceramistas estranxeiros foi clave para acadar calidades e variedades excepcionais de figuras e vaixelas.

Louza da 3.ª época (1845-1862)
Louza da 3.ª época (1845-1862)

A terceira etapa (1845-1862), na que se encargou da explotación da fábrica a empresa Luis de la Riva y Cía., foi a época dourada do Sargadelos histórico. Nestes momentos chegaron a traballar máis de 1000 familias e, baixo a dirección do británico Edwin Forester, acadáronse calidades e variedades excepcionais de figuras e vaixelas, coa introdución da louza chinesa opaca, as estampaxes monocromas e a impregnación de cor nos fondos, e destacan pezas tan características como as xerras Mambrús ou as vaixelas ilustradas con estampaxe litográfica.

A terceira etapa (1845-1862) foi a época dourada do Sargadelos histórico. Nestes momentos chegaron a traballar máis de 1000 familias.

Louza da 3.ª época (1845-1862)
Louza da 3.ª época (1845-1862)

A cuarta e última etapa (1870-1875) estivo protagonizada de novo pola familia Ibáñez, ao recuperar a xestión de Sargadelos e asociarse cos coruñeses Atocha y Morodo en 1873. Nestes anos, marcados polo cesamento dos investimentos en novas instalacións e pola renuncia á contratación de expertos ceramistas estranxeiros, a fábrica limitouse a reproducir, sen acadar a mesma calidade, as pezas da etapa anterior.

O novo Sargadelos

Isaac coa planta circular de Sargadelos
Isaac coa planta circular de Sargadelos

A restauración de Sargadelos, o proxecto máis importante que levou a cabo o Laboratorio de Formas, foi unha idea que roldaba na cabeza de Isaac Díaz Pardo desde que coñecera a historia do complexo industrial, siderúrxico e cerámico creado por Antonio Raimundo Ibáñez.

A restauración de Sargadelos foi o proxecto máis importante que levou a cabo o Laboratorio de Formas.

Fotografía dos terreos antes de ser edificados a finais dos anos sesenta
Fotografía dos terreos antes de ser edificados a finais dos anos sesenta

E máis aínda, desde que experimentara no Castro, a finais dos anos corenta e comezos dos cincuenta, coas arxilas caliníferas que o ilustrado asturiano-galaico e os seus descendentes e arrendadores empregaran para fabricar louza na fábrica de cerámica de Sargadelos nos dous primeiros terzos do século XIX.

Inauguración da planta circular en 1970.
Inauguración da planta circular en 1970.

En 1964, un ano despois da súa creación, o Laboratorio de Formas constituíu a sociedade Sargadelos Ltda. que, en 1968, empregando as materias primas dos depósitos veciños de caolín, iniciaba as probas nunha pequena planta experimental. Dous anos despois inaugurouse a planta circular da nova fábrica de Sargadelos deseñada por Andrés Fernández-Albalat e comezaron a poñerse en práctica as ideas do Laboratorio de Formas: o estudo das formas galegas e a súa aplicación aos obxectos industriais, concretamente á cerámica, á louza e ás pezas ornamentais, co obxectivo de producir un produto diferenciado e co valor engadido da súa garantía de orixe.

En 1964, o LF constituíu a sociedade Sargadelos Ltda., 4 anos máis tarde, iniciaba as probas nunha pequena planta experimental e no 1970 inaugurouse a planta circular da nova fábrica.

Vista da fábrica
Vista da fábrica

Ao pouco tempo, os produtos fabricados por Sargadelos, coas cores branca e azul cobalto como elemento de identificación e a actualizada estrela de sete aspas radiais da primeira época como marca, convertéronse na cerámica máis popular e coñecida para gran parte dos galegos e as súas tendas-galerías en verdadeiros centros culturais nas cidades e vilas do país e en embaixadas de Galicia no exterior.

Nenos diante da fábrica de Sargadelos
Nenos diante da fábrica de Sargadelos

No base do éxito do novo Sargadelos estiveron as ideas do Laboratorio de Formas, pero tamén a práctica desenvolvida anteriormente por Isaac Díaz Pardo nas fábricas de Cerámica do Castro e A Magdalena, tanto na experimentación coas arxilas de Sargadelos, como no deseño de maquinaria para a fabricación da cerámica e no estudo das formas de organización do traballo e da produción.

Os produtos fabricados por Sargadelos, coas cores branca e azul cobalto, convertéronse na cerámica máis popular e coñecida para grande parte dos galegos.

Luis Seoane e Díaz Pardo co crítico José Corredor Matheos en Sargadelos, 1971
Luis Seoane e Díaz Pardo co crítico José Corredor Matheos en Sargadelos, 1971

A investigación nos novos deseños do novo Sargadelos iniciouse en 1967 e consolidouse a partir de 1970 coa creación do Seminario de Estudos Cerámicos. A investigación centrouse no estudo da arte e a cultura galega desde o Paleolítico ata o século XX, pasando polos códices medievais, a arte e a arquitectura popular e o modernismo e as vangardas. Sacáronse motivos formais da cultura castrexa, das distintas manifestacións da cultura e da arquitectura popular, do románico e o barroco, da historia e das lendas de Galicia, sen esquecer o modernismo e as vangardas do século XX (construtivistas rusos, racionalistas da Bauhaus, novo deseño americano).

No base do éxito do novo Sargadelos estiveron as ideas do LF, o deseño de maquinaria e  a organización do traballo e da produción.

Seoane coa súa colección de xerras-cabeza, deseñada para Sargadelos a finais dos anos sesenta. Imaxe cedida pola Fundación Seoane
Seoane coa súa colección de xerras-cabeza, deseñada para Sargadelos a finais dos anos sesenta. Imaxe cedida pola Fundación Seoane

A maioría dos deseños saíron da man de Isaac Díaz Pardo e do equipo do Seminario de Estudos Cerámicos, pero tamén se contou, antes da súa prematura e repentina morte, co labor de Luis Seoane, autor das dezaoito xerras-cabeza de personaxes galegos medievais que respondían á idea pedagóxica de divulgar a historia de Galicia tamén nas tendas.

A investigación nos novos deseños iniciouse en 1967 e consolidouse a partir de 1970 coa creación do Seminario de Estudos Cerámicos.

Portada do primeiro catálogo de pezas cerámicas de Sargadelos, 1967
Portada do primeiro catálogo de pezas cerámicas de Sargadelos, 1967

Co paso dos anos, o novo Sargadelos, baixo o liderado de Isaac Díaz Pardo, consolidouse tanto no ámbito industrial como no de referente cultural en Galicia. Ampliouse a fábrica de cerámica e desenvolveuse un importante labor no campo da arte/industria por medio do Seminario de Sargadelos (1972) e dos seus dous departamentos de Comunicación e Tecnoloxía, o primeiro como encargado de todo o relacionado co deseño, a investigación histórica, as publicacións, as exposicións e a organización dos Seminarios e das Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre, e o segundo como responsable da investigación de materiais e procedementos.

Sacáronse motivos formais da cultura castrexa e popular, do románico e o barroco, da historia e das lendas de Galicia, sen esquecer o modernismo e as vangardas do século XX.

Cuberta do catálogo de pezas do laboratorio da quinta etapa de Sargadelos, 1969
Cuberta do catálogo de pezas do laboratorio da quinta etapa de Sargadelos, 1969

Desde un primeiro momento, o novo Sargadelos puxo de manifesto a súa ligazón co Sargadelos histórico: promoveu a conservación do vello complexo industrial e difundiu e divulgou a súa historia en exposicións e investigacións publicadas por Ediciós do Castro.

En 1972 conseguiu a declaración de conxunto histórico-artístico para o vello complexo e, posteriormente, logrou que o Ministerio de Cultura restaurase a Casa da Administración, onde ten a súa sede o Real Padroado de Sargadelos, encargado de protexer o conxunto. En 1994, desde o Instituto Galego de Información, Isaac Díaz Pardo foi o principal alentador da exposición que se montou no Museo do Pobo Galego sobre Las Reales Fábricas de Sargadelos, el Ejército y la Armada, organizada polo Ministerio de Defensa e o Real Padroado de Sargadelos e que estivo acompañada da edición dun catálogo e de oito volumes, publicados por Ediciós do Castro, de fontes e investigacións históricas sobre o vello Sargadelos.

O novo Sargadelos puxo de manifesto a súa ligazón co Sargadelos histórico: en 1972 conseguiu a declaración de conxunto histórico-artístico para o vello complexo.

Interior da fábrica de Sargadelos
Interior da fábrica de Sargadelos

A fábrica  de Sargadelos xunto á do Castro seguirían funcionando baixo a dirección de Díaz Pardo ata que, a principios dos anos 2000, un movemento empresarial por parte dos outros socios o situarían fóra dos postos de control. Na actualidade, despois de moitos atrancos, os fornos do Castro e Sargadelos, seguen en funcionamento cunha proposta máis comercial e menos cultural.