Un dos emprendementos menos coñecidos de Díaz Pardo tivo lugar en Magdalena, un antigo poboado que quedou da redución de indios tubichamini na marxe dereita do Río da Prata, a 108 quilómetros de Buenos Aires. Alí crea unha fábrica de cerámica, Celtia, SA, en colaboración con Núñez Búa, exiliados galegos e arxentinos, que presidía José Villamarín Prieto, presidente do Centro Galego de Buenos Aires. Chamouse Porcelanas de Magdalena. Isaac puxo a nome de Cerámicas do Castro o recadado nas exposicións que fixo en Buenos Aires co 20 % do capital.
No ano 1958, Díaz Pardo crea unha fábrica de cerámica chamada Porcelanas de Magdalena, a 108 quilómetros de Buenos Aires.
Núñez Búa volve por primeira vez a Galicia no ano 1953 e visita O Castro. En palabras de Díaz Pardo: «Foi quen trouxo a idea de facer algo semellante ao que se estaba a facer no Castro». Nun primeiro momento, Isaac rexeitará a idea, pero estas catro situacións mudaron a súa decisión:
- O Castro queda sen os caolíns de Sargadelos, pois véndenselles aos alemáns. Isaac reúne os ceramistas no sindicato en Madrid e resolve o tema.
- A prohibición pola censura da súa exposición na Asociación de Artistas de Ferrol en 1955.
- A falla das liberdades esencias no noso país.
- O desexo de poñerse en contacto cos exiliados, despois dun primeiro contacto con motivo da exposición na Galería da Vinci de Londres (1947), onde tivo a oportunidade de coñecer o Instituto Español, creado por exiliados. Alí establece contacto con Esteban Salazar Chapela, Luis Cernuda, Martínez Torner e «polo galego Raimúndez, que traballaba na BBC, puiden ter un coñecemento maior do que estaban a facer os exiliados galegos en América».
A falla das liberdades esencias no noso país, o problema cos caolíns de Sargadelos e o desexo de poñerse en contacto cos exiliados serán claves para emprender esta aventura en América.
O conxunto destas situacións fixeron que retomase a idea de Núñez Búa e, en 1955, decide partir para Buenos Aires, animado pola invitación que recibe do Centro Galego de Buenos Aires de facer unha exposición na que dar a coñecer a súa pintura e a produción cerámica do Castro. Inflúe un artigo de Martínez Risco sobre O Castro que Seoane publica en agosto en Galicia Emigrante. Días antes, presentado por Núñez Búa, dá unha conferencia no Centro Coruñés sobre Sargadelos.
Díaz Pardo decide partir para Bos Aires en 1955, animado pola invitación que recibe do Centro Galego de Buenos Aires de facer unha exposición da súa pintura e a cerámica do Castro.
Alí ten lugar o encontro coa Galicia do exilio. Con Luis Seoane é un reencontro, pois ambos se coñeceran nos anos trinta no estudio do pai de Isaac: «Viñera ao taller do meu pai pintar unhas figuras de tres ou catro metros de alto. Debían estar destinadas a un baile ou a algunha festa que se iría celebrar no salón de actos do Círculo Mercantil (...). Por eses anos, fíxolle unha caricatura o meu pai.»
En América ten lugar o encontro coa Galicia do exilio. Con Luis Seoane comezará unha importante relación creadora: o Laboratorio de Formas.
Luis Seoane reinicia no ano 1947 o contacto cos vellos amigos en Galicia e, por mediación de Francisco Fernández del Riego, embaixador oficioso da Galicia do interior e de Valentín Paz Andrade, Díaz Pardo participa xunto con Carlos Maside, Xulia Minguillón, Laxeiro, Manuel Prego e Pesqueira nunha exposición organizada polo Centro Galego de Buenos Aires, con motivo da Semana Galega en xullo de 1951, na Galería Velázquez.
As viaxes de Isaac
«A admiración a aquela Galicia da diáspora e o deber de non abandonar o que fixera no Castro, que xa comprometía o modo de vivir de moita xente, mantivéronme trece anos nunha emigración intermitente. Crucei o Atlántico case 20 veces.» 2001
1.ª viaxe
Ida: avión. 2/11/1955
Volta: avión. 31/01/1956
2.ª viaxe
Ida: barco. 12/10/1957
*Estancia Carmen Arias, Mimina (dona de Díaz Pardo): novembro de 1958 ata xuño de 1959.
Volta: avión. 17/12/1959
3.ª viaxe:
Ida: barco. 7/03/1960
* Estancia Carmen Arias, Mimina (dona de Díaz Pardo): 11/12/1960 ata maio de 1961
* Estancia Carmen Arias, Mimina (dona de Díaz Pardo):: 8/09/1961 ata maio de 1962 (en barco)
Volta: avión. 14/09//1962
4.ª viaxe:
Ida: avión. Xaneiro 1963
Volta: avión. 30/06/1963
5.ª viaxe:
Ida: avión. 3/12/1963
Volta: avión. Abril de 1964
6.ª viaxe:
Ida: avión. 26/10/1964
Volta: avión. Maio de 1965
En Nadal deste ano, chega o seu fillo Camilo Díaz Arias a Magdalena a traballar e estudar.
7.ª viaxe:
Ida: avión. Xaneiro de 1966 (desde París)
Volta: avión. Agosto de 1966
8.ª viaxe:
Ida: avión. Outubro de 1966
Volta: avión. Febreiro de 1967. Renuncia á dirección de Magdalena, co inicio do proxeto Sargadelos
9.ª viaxe:
Ida: avión. Outono de 1968. Derradeira viaxe de 9 días para denunciar unha ampliación de capital
Volta: avión. Outono de 1968
Na 1.ª primeira viaxe (1955) expón no Centro Galego de Buenos Aires e estuda sobre o terreo as posibilidades do novo proxecto industrial.
Emprende a primeira viaxe á Arxentina en 1955, para a exposición do Centro Galego de Buenos Aires na que, amais das súas porcelanas e dalgúns óleos e debuxos, se expoñía unha colección de fotografías dos talleres cerámicos.
Na primeira viaxe, estuda sobre o terreo as posibilidades do novo proxecto industrial, Celtia, xunto con Núñez Búa, quen a constitúe en 1956 e quen queda ao seu cargo ata a volta de Isaac en 1957.
A segunda viaxe comeza en outubro de 1957, parte no barco Alberto Dodero para unha estadía longa e volve ao Castro en decembro de 1959. Nada máis chegar a Magdalena, empeza a escavación dos cementos do primeiro forno. A finais de 1958, Celtia estaba producindo despois de moitas dificultades de toda índole. Entre os colaboradores estaban Pedro Petriz, enxeñeiro arxentino que constrúe a planta, e Eugenio Díaz, pintor e debuxante bonaerense que se fará cargo da sección de decoración e organiza un taller con nenos para decorar pezas de cerámica.
Na 2.ª viaxe (1957), comezará a escavación dos cementos do primeiro forno. A finais de 1958, Magdalena estaba producindo despois de moitas dificultades de toda índole.
A porcelana facíase co caolín de Trelew, na provincia de Chubut na Patagonia, que viña en bruto e que se purificaba coa auga dun depósito, onde Isaac pintou un dolmen no seu alto coa marca.
«(...) e pensamos en facer alí un centro de investigación que se chamaría LCM (Laboratorio Cerámico de Magdalena). O proxecto levaba incluído un Laboratorio de Formas», di Díaz Pardo. Fora aprobado polo gobernador da Pcia. de Buenos Aires, o Dr. Óscar Alende, que o comunica na súa visita a Celtia en 1962. Participaban a Universidade da Prata, co profesor Enrique Pereira, e a fábrica de Magdalena. Non se pode levar a cabo ao ser derrocado o goberno de Arturo Forndizi ese ano.
Os cinco primeiros meses de 1963 pásaos en Magdalena e o verán no Castro, xunto con Luis Seoane e Maruxa. Das conversas e traballos deste tempo nace o Laboratorio de Formas.
Durante todo este tempo, as visitas dos amigos á fábrica son continuas: Rafael Dieste e Carmen Muñoz, Luis e Maruja Seoane, Antonio Baltar e Mireya Dieste, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda etc. Magdalena convértese na Meca do exilio e das visitas do exterior, como a de Otero Pedrayo.
Magdalena convértese na Meca do exilio (Rafael Dieste e Carmen Muñoz, Luis e Maruxa Seoane, Antonio Baltar e Mireya Dieste, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda etc) e das visitas do exterior, como a de Otero Pedrayo.
En marzo de 1960, xa estaba de volta en Magdalena, tras deixar en marcha as obras da nova nave de Cerámicas do Castro, para outra estadía que se prolonga ata setembro de 1962 co fin de organizar a nova planta do Castro. Os cinco primeiros meses de 1963 pásaos en Magdalena e o verán no Castro, xunto con Luis Seoane e Maruxa. Das conversas e traballos deste tempo nace o Laboratorio de Formas e a idea de restaurar a tradición cerámica en Sargadelos.
Os cinco primeiros meses de 1963 pásaos en Magdalena e o verán no Castro, xunto con Luis Seoane e Maruxa. Das conversas e traballos deste tempo nace o Laboratorio de Formas.
Entre os anos 1964 a 1966, viaxa a Magdalena nos primeiros meses do ano e permanece ata a primavera, salvo en 1966, que estará ata agosto, e terá que volver en novembro de urxencia á xunta de accionistas de Celtia. Os problemas cos accionistas xa viñan de lonxe, o mesmo que as desavinzas con Núñez Búa. Finalmente, en febreiro de 1967, convoca unha xunta de accionistas para presentar un plan de expansión de Celtia que non tivo éxito. Marcha para o Castro e presenta por «telegrama colaccionado» a renuncia irrevogable á dirección de Magdalena, pero aínda fará unha derradeira viaxe para denunciar unha ampliación de capital fraudulenta, será a finais de 1968.
Os problemas cos accionistas provocan a renuncia irrevogable á dirección de Magdalena por parte de Isaac, que fará a derradeira viaxe a finais de 1968.
Durante todos estes anos e viaxes, Carmen Arias (Mimina) estivo colaborando con el e fixo tres viaxes a Magdalena de longa estadía, a primeira entre novembro de 1958 e xullo de 1959. Ela é quen pon en marcha os obradoiros de decoraci´n, traballa nas tarefas de formación das rapazas e fai decorados. O seu fillo Camilo tamén acompañará a Isaac nesta aventura americana, farase químico e casará alí para despois asentarse coa súa familia en Sargadelos.
A Galicia exterior
«Irme á Arxentina serviume para coñecer xente estupenda. Seoane foi un personaxe excepcional, como Rafael Dieste e Lorenzo Varela… Grazas a eles, recuperouse boa parte da Galicia histórica.» 2001
O encontro cos exiliados é fundamental, as conversas con Rafael Dieste, Antonio Baltar, Lorenzo Varela, Blanco Amor, Arturo Cuadrado e, sobre todo, con Luis Seoane traen importantes e profundas consecuencias na cultura galega. Xuntos soñan futuros para Galicia e, das conversacións entre Luis Seonae e Isaac Díaz Pardo, xorde o Laboratorio de Formas, cuxa primeira actuación é a creación de Ediciós do Castro; a segunda, fundar un museo que recollese a obra e a documentación do movemento renovador da arte galega e así xorde o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, que tamén actúa como foco de actividades culturais, e a terceira actuación consiste en poñer en pé Sargadelos e en restaurar a súa actividade.
O encontro cos exiliados é fundamental. Xuntos soñan futuros para Galicia e, das conversacións entre Luis Seonae e Isaac Díaz Pardo, xorde o Laboratorio de Formas.
O proxecto industrial da fábrica de Magdalena á altura de 1963 xa tiña os seus produtos (xogos de té e café, vaixelas e figuras, entre as que destaca un gaucho a cabalo feito a partir dun debuxo de Luis Seoane ou a María Magdalena de Díaz Pardo) nos principais establecementos de Buenos Aires, Harrod´s, Gaty Chaves, La Piedad etc.
Durante estes anos en Magdalena, Isaac perfecciona os seus coñecementos técnicos como ceramista, publica Discurso sobre organizacion de empresas manufactureras, escribe para a revista Galicia Emigrante e publica as obras de teatro Midas e O ángulo de pedra.
Nestes trece anos, Díaz Pardo, ademais, mantén unha actividade frenética:
- Consolida e perfecciona os seus coñecementos técnicos como ceramista.
- Publica Discurso sobre organizacion de empresas manufactureras.
- Escribe para a revista Galicia Emigrante.
- Colabora na editorial Citania de Luis Seoane na que publica as obras de teatro Midas e O ángulo de pedra.
- Ilustra A esmorga de Blanco Amor.
- Organiza exposicións de pintores novos, como a do Centro Lucense de Buenos Aires.
- Participa en homenaxes, asiste a conferencias (Otero Pedrayo, Martínez Risco, García Sabell), dá el mesmo conferencias e expón a súa cerámica.
- Coordina con Luis Seoane, Galicia Hoy (1966), na editorial Ruedo Ibérico, baixo os pseudónimos de Maximino Brocos e Santiago Fernández, respectivamente.
En 1966, Díaz Pardo ocúpase ao mesmo tempo da fábrica do Castro, da de Magdalena e da posta en marcha de Sargadelos.
Xosé Neira Vilas describe a Isaac nesta etapa americana como: «Naquela industria Isaac era, como o fora no Castro e sería máis tarde en Sargadelos, o arquitecto, o economista, o tecnólogo, o artista. Todo».
Dende 1967, ano no que deixa definitivamente Magdalena, outros emprendementos ocupan o seu facer: a coordinación do Castro e a inauguración e a posta en marcha da fábrica de Sargadelos.