Portada de Luis Seoane para A esmorga de Eduardo Blanco-Amor, Ed. Galaxia, 1970
Portada de Luis Seoane para A esmorga de Eduardo Blanco-Amor, Ed. Galaxia, 1970

Narrador, poeta, dramaturgo, ensaísta e prodixioso orador e conversador. Nacido en Ourense en 1897, aos 15 anos empezou a traballar como secretario de redacción no Diario de Ourense e frecuentou os faladoiros de Vicente Risco.

Narrador, poeta, dramaturgo, ensaísta e prodixioso orador e conversador.

Díaz Pardo, Luis Seoane e Blanco-Amor na Coruña, ca. 1970
Díaz Pardo, Luis Seoane e Blanco-Amor na Coruña, ca. 1970

No 1919, marchou emigrado a Buenos Aires onde, en pouco tempo, se uniu á comunidade de galegos emigrados na Arxentina, sobre todo á Federación de Sociedades Galegas. Codirixiu, con Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo, a revista Céltiga e o periódico da Federación con Ramón Illa Couto. En 1925, empezou a traballar no diario xornal La Nación, nun primeiro momento como reporteiro na Arxentina e no 1928 como correspondente en España. Na súa estancia española, Blanco-Amor viaxa por todo o país e coñece a Castelao, a varios intelectuais do partido galeguista e o grupo Nós, e tamén coincide cun mozo Díaz Pardo no taller do seu pai.

No 1919, marchou emigrado a Buenos Aires onde, en pouco tempo, se uniu á comunidade de galegos emigrados na Arxentina.

En 1933, volve de novo á capital de España e traballa na revista La Ciudad. Coa chegada da República, Blanco-Amor entra en contacto cos autores do 27, especialmente con Federico García Lorca, ao que lle escribe o prólogo da obra Seis poemas galegos.

Como correspondente en España do xornal La Nación, viaxa por todo o país e coñece a varios intelectuais do partido galeguista e tamén coincide cun mozo Díaz Pardo no taller do seu pai.

Coa chegada da Guerra Civil, exíliase a Buenos Aires, onde permanecerá 45 anos. Nas súas palabras: «El verdadero acontecimiento de mi sino, como hombre y como escritor, fue el haberme formado y casi deformado en Buenos Aires, ciudad que fue creciendo en torno a mí, como mi dermoesqueleto».

Coa chegada da Guerra Civil, exíliase a Buenos Aires, onde permanecerá 45 anos.

Portada feita por Díaz Pardo para Xente ao lonxe, 1972
Portada feita por Díaz Pardo para Xente ao lonxe, 1972

En Buenos Aires, produce algunhas das súas primordiais obras literarias, como La catedral y el niño, A esmorga ou Os biosbardos, funda Teatro Popular Galego e publica varias obras teatrais. Tamén foi director da revista Galicia, publicada polo Centro Galego de Buenos Aires.

En Bos Aires, produce algunhas das súas primordiais obras literarias, como La catedral y el niño, A esmorga ou Os biosbardos.

Cartel de teatro deseñado por Díaz Pardo para a obra A esmorga de Eduardo Blanco-Amor baixo dirección de Ánxeles Cuña Bóveda, 1997
Cartel de teatro deseñado por Díaz Pardo para a obra A esmorga de Eduardo Blanco-Amor baixo dirección de Ánxeles Cuña Bóveda, 1997

Isaac ten contado en varias ocasións que Blanco-Amor o fixo portador, nunha das súas viaxes A Arxentina – Galicia, do orixinal de A esmorga, para que fose publicado en Galaxia, pero a censura impediuno. Finalmente, foi Luis Seoane desde a editorial Citania quen a editou en 1959.

En 1965, regresa definitivamente a Galicia e vive entre Ourense, Santiago e Vigo, onde falece no 1979. Nesta derradeira etapa vital, escribe Xente ao lonxe (1972), ilustrada por Díaz Pardo, e varias obras teatrais, como Farsas para títeres (1973) e Teatro pra a xente (1975). Tamén entra a formar parte da Real Academia Galega.

En 1965, regresa definitivamente a Galicia e vive entre Ourense, Santiago e Vigo, onde falece no 1979.

Asistentes do I Seminario do Libro Galego, O Castro de Samoedo, 1972. Blanco-Amor é o primeiro pola dereita
Asistentes do I Seminario do Libro Galego, O Castro de Samoedo, 1972. Blanco-Amor é o primeiro pola dereita

No ano 2017, as institucións galegas, encabezadas pola Deputación de Ourense, constituíron a Fundación Blanco-Amor, unha entidade que nace co obxectivo de «conservar e difundir» a obra do insigne escritor galego, impulsando a investigación, catalogación e conservación do arquivo e a realización de actividades culturais e de dinamización sociocultural.