Cuberta do folleto sobre colgantes defensivos, Sargadelos, 1969
Cuberta do folleto sobre colgantes defensivos, Sargadelos, 1969

As galerías de Sargadelos, propias ou con franquías, foron concibidas para poder vender os produtos das fábricas de cerámica do Castro e de Sargadelos sen depender de intermediarios, de distribuidores e comerciantes alleos, e controlar así todo o proceso das pezas, desde o seu deseño ata a súa comercialización.

 

 

As galerías foron concibidas para vender os produtos das fábricas, controlar a imaxe da marca Sargadelos e proxectar as ideas coas que foron concibidas as empresas.

Tamén para controlar a imaxe da marca Sargadelos e proxectar as ideas coas que foron concibidas as empresas, mediante a realización do deseño das galerías, do seu mobiliario, da súa organización espacial e do tipo de actividades culturais que se desenvolverían nelas.

Non eran simples tendas, senón tamén librerías e centros de divulgación da cultura galega e aglutinadoras das actividades culturais dos galegos en cidades como Madrid e Barcelona.

Cuberta da invitación á mostra «Presencia de Galicia» feita por Seoane, inaugurada o 18 de abril de 1975 na Galería Sargadelos de Madrid
Cuberta da invitación á mostra «Presencia de Galicia» feita por Seoane, inaugurada o 18 de abril de 1975 na Galería Sargadelos de Madrid

Non estaban só pensadas como simples tendas, senón tamén como librerías e centros de divulgación da cultura galega, que organizaban exposicións artísticas e da historia de Galicia, presentación de libros, conferencias, recitais poético-musicais ou xuntanzas de colectivos culturais do país. De feito, durante moitos anos convertéronse en importantes centros dinamizadores de cultura nas cidades e vilas do país, en embaixadas de Galicia no exterior e aglutinadoras das actividades culturais dos galegos en cidades como Madrid e Barcelona.

En 1974, inaugurouse a Galería de Barcelona, en 1975 a Galería de Madrid e en 1978, facíao a de Compostela. Posteriormente, espalláronse polas restantes cidades galegas e mesmo chegaron a Sevilla, Milán e O Porto.

Caderno do LF dedicado á inauguración da Galería de Madrid, 1975
Caderno do LF dedicado á inauguración da Galería de Madrid, 1975

En 1974, inaugurouse a Galería de Barcelona cunha mostra do libro galego en Cataluña. Un ano despois, abría as súas portas a Galería de Madrid, cunha exposición e un ciclo de conferencias titulados «Presencia de Galicia» e, en 1978, facíao a de Santiago de Compostela, cunha exposición-homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos. Posteriormente, as galerías espalláronse polas restantes cidades galegas e por algunhas vilas do país, e mesmo chegaron a Sevilla, Milán e O Porto.