Portada realizada por Luis Seoane, Buenos Aires, 1961 (1.ª edición)
Portada realizada por Luis Seoane, Buenos Aires, 1961 (1.ª edición)

Narrador, ensaísta, periodista, poeta, orador e conversador. Foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Foi merecedor, entre outros galardóns, da Medalla Castelao, do Premio Laxeiro, do Pedrón de Honra, do Premio Trasalba, do Premio da Crítica Española e do Premio da Crítica Galega (ensaio).

Narrador, ensaísta, periodista, poeta, orador e conversador.

Xosé Neira Vilas naceu na Casa do Romano, en Gres (Vila de Cruces, Pontevedra), onde se sitúa a actual sede da fundación que leva o seu nome. De familia campesiña, pasou a nenez e a mocidade compaxinando a escola, e máis tarde, os estudos en comercio coas tarefas no campo.

Pasou a nenez e a mocidade compaxinando a escola, e máis tarde, os estudos en comercio coas tarefas no campo.

 Ilustración de Díaz Pardo para Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
Portada realizada por Díaz Pardo, 1976

Con pouco máis de 20 anos emigra a Buenos Aires, onde segue estudando de maneira autodidacta e desempeña diferentes oficios, ao tempo que se relaciona cos intelectuais galegos exiliados, como Luis Seoane e Rafael Dieste.

No 1953, funda as Mocedades Galeguistas e escribe diversos artigos no xornal Adiante. No 1954, coñece a Anisia Miranda nunha conferencia de Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro, coa que casará anos máis tarde. En 1956, participa no Primeiro Congreso da Emigración Galega e no 1957, a parella crea a editorial Follas Novas, distribuidora do libro galego en toda América.

Con pouco máis de 20 anos emigra a Buenos Aires, onde se relaciona cos intelectuais galegos exiliados, como Luis Seoane e Rafael Dieste.

Ilustración realizada por Díaz Pardo, para a obra Memorias dun neno labrego
Ilustración realizada por Díaz Pardo, para a obra Memorias dun neno labrego

Neste momento, Neira Vilas coñece a Díaz Pardo, que acaba de trasladarse a Buenos Aires para iniciar o proxecto da fábrica de cerámica de Magdalena. Esta amizade durará máis de 50 anos e será recollida polo escritor no volume Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade, onde se publican case 300 cartas intercambiadas entre ambos.

En 1955, Neira Vilas coñece a Díaz Pardo, que acaba de trasladarse a Buenos Aires para iniciar o proxecto da fábrica de cerámica de Magdalena. Esta amizade durará máis de 50 anos.

Neira Vilas e Anisia Miranda en Sargadelos, con Reimúndez Portela, Díaz Pardo e as súas esposas, 1976
Neira Vilas e Anisia Miranda en Sargadelos, con Reimúndez Portela, Díaz Pardo e as súas esposas, 1976

En 1961, o matrimonio decidiu establecerse en Cuba, onde Xosé Neira Vilas, comprometido coa revolución, traballou no Ministerio de Industria, dirixido naquela altura polo Che Guevara. Ademais, fundou e dirixiu durante 22 anos a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias de Cuba. A etapa cubana durará ata 1992, onde Anisia e Xosé regresan a Galicia. Nun primeiro momento, vivirán no Instituto Galego de Información, en San Marcos, invitados por Díaz Pardo, e despois instalaranse en Gres.

En 1961, Neira Vilas e a súa muller Anisia decidiu establecerse en Cuba, onde estarán ata 1992 que regresan a Galicia.

Autor de máis de 50 obras, Xosé Neira Vilas conseguiu que Memorias dun neno labrego (1961) fose a publicación máis vendida e traducida do sistema literario galego. Outros títulos seus son: Historias de emigrantes (1968), Cartas a Lelo (1971) ou Querido Tomás (1980).