Retrato de Ánxel Casal feito na cadea por Díaz Baliño pertencente ao álbum de 27 debuxos dos seus compañeiros de cela no 1936
Retrato de Ánxel Casal feito na cadea por Díaz Baliño pertencente ao álbum de 27 debuxos dos seus compañeiros de cela no 1936

Foi o grande editor da época das Irmandades, da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Primeiro na editorial Lar, que creou con Leandro Carré Alvarellos en 1924, e logo en solitario, desde a Editorial e Imprenta Nós, que fundou en 1927. Con esta última, Casal intentou dotar a Galicia dunha estrutura editorial estable, tanto coa edición de textos fundamentais da cultura galega moderna como no deseño dunhas edicións á altura das mellores que se facían na Europa da época.

Entre 1927 e 1936, publicou as obras máis importantes da literatura e da ensaística galegas anteriores á Guerra Civil, fíxose cargo da publicación do xornal A Nosa Terra e da revista Nós, imprentou case todas as publicación do Seminario de Estudos Galegos e incorporou ao mundo da edición os debuxos, ilustracións e deseños do movemento renovador da arte galega. Politicamente, militou de maneira activa nas Irmandades da Fala, na Organización Galega Autónoma (ORGA) e no Partido Galeguista.

Foi o grande editor da época das Irmandades, da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos.

En 1936, logo do triunfo electoral da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Santiago e, posteriormente, vicepresidente da Deputación da Coruña e do Comité Central da Autonomía de Galicia, e presidente do seu Comité Executivo, e desempeñou un importante papel na organización e coordinación da propaganda e infraestruturas da campaña plebiscitaria do Estatuto.

En 1936, logo do triunfo electoral da Fronte Popular, foi nomeado alcalde de Santiago.

Logo do triunfo do golpe militar de xullo de 1936, foi detido e asasinado nunha curva de Cacheiras, preto do cemiterio de Teo.

Desde que en 1931 Casal se instalou en Compostela, na casa que lle cedeu o seu amigo Camilo Díaz Baliño, Isaac Díaz Pardo mantivo trato habitual co editor.

Logo do triunfo do golpe militar de xullo de 1936, foi detido e asasinado nunha curva de Cacheiras, preto do cemiterio de Teo.

Cuberta do catálogo da mostra a Ánxel Casal na Galería Sargadelos de Compostela, maio do 2003
Cuberta do catálogo da mostra a Ánxel Casal na Galería Sargadelos de Compostela, maio do 2003

Anos despois, Díaz Pardo converteuse no gran defensor de Casal e reivindicou publicamente a súa figura. A través de artigos na prensa, coa edición das biografías que lle dedicaron Francisco Fernández del Riego e Ernesto Vázquez Souza, cunha grande exposición na Galería Sargadelos de Santiago sobre a súa figura como editor e político e coa publicación desde o novo Seminario de Estudos Galegos e, en colaboración co Consello da Cultura Galega, dos catálogos de Lar e Nós.

Díaz Pardo mantivo trato habitual co editor desde que en 1931 Casal se instalou en Compostela, na casa que lle cedeu o seu amigo Camilo Díaz Baliño.

Del Castelao dixo: «Casal por Galicia fixo máis do que todos nós», e agora podemos dicir que Díaz Pardo foi entre nós o que máis fixo por Casal.