Isaac Díaz Pardo ten contado en numerosas ocasións, en entrevistas e artigos, como descubriu nos anos corenta, nun traballo do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro publicado en 1922 (Cerámicas de Sargadelos), a historia das antigas fábricas de Sargadelos levantadas por Antonio Raimundo Ibáñez e a saudade que deixou nos sectores ilustrados galegos a súa desaparición.
Díaz Pardo descubriu nos anos corenta, no libro do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro publicado en 1922 (Cerámicas de Sargadelos), a historia das antigas fábricas de Sargadelos levantadas por Antonio Raimundo Ibáñez.
Ese descubrimento levouno a investigar os excelentes caolíns de Sargadelos e, logo, a montar a empresa de Cerámicas do Castro. Non é de estrañar que, cando en 1963 Díaz Pardo e Seoane crean o Laboratorio de Formas, un dos primeiros proxectos que se propoñen levar a cabo sexa a restauración de Sargadelos, a recuperación do espírito dunha empresa que nos comezos da industrialización capitalista fora a primeira en montar unha fábrica de cerámica cunha idea propia de concepción de deseño.
A fábrica de Sargadelos que levanta o Laboratorio de Formas foi unha empresa de cerámica deseñada cun espírito ético que buscaba, mediante o emprego dos recursos propios e co valor engadido que lle dan as formas artísticas diferenciadas de raíz galega, poder satisfacer necesidades auténticas, moi lonxe da típica empresa capitalista concibida como unha asociación de intereses para especular coas necesidades e cos recursos.
Ese descubrimento levouno a investigar os excelentes caolíns de Sargadelos, a montar a empresa de Cerámicas do Castro e máis tarde, en 1963, desde o acabado de crear LF iniciar a recuperación de Sargadelos.
Desde o primeiro momento, o Sargadelos do Laboratorio de Formas foi máis ca unha empresa de cerámica. De feito, o día seguinte á inauguración da planta circular da fábrica, inaugurouse tamén un seminario de deseño industrial ao que asistiron sobre cen artistas, arquitectos e teóricos do deseño de Galicia e do resto do Estado.
Sargadelos non nacera tan só como unha fábrica de cerámica, senón máis ben como un movemento cultural, social e político.
Ademais dos departamentos creados para o estudo da cerámica, as formas, o deseño, a tecnoloxía e a comunicación, Sargadelos promoveu numerosos seminarios de arte, deseño, economía, empresa, cine, teatro etc., nos que participaron intelectuais de Galicia, de España e do estranxeiro.
Sargadelos foi un dos máis importantes proxectos industriais e culturais da segunda metade do século XX en Galicia.
Non lle faltaba razón a Díaz Pardo cando dixo que Sargadelos non é que nacera tan só como unha fábrica de cerámica, senón que o fixo máis ben como un movemento cultural, social e político. En calquera caso, Sargadelos foi, sen dúbida, un dos máis importantes proxectos industriais e culturais da segunda metade do século XX en Galicia.