No mesmo ano da súa creación, 1963, o Laboratorio de Formas fixo realidade un dos seus primeiros proxectos, a fundación de Ediciós do Castro, unha editorial que pretendía recoller e difundir as distintas manifestacións da cultura galega e recuperar a memoria histórica, sobre todo a das décadas anteriores á Guerra Civil e a do exilio, silenciadas pola ditadura franquista.
Ediciós do Castro foi unha editorial que pretendía recoller e difundir as distintas manifestacións da cultura galega e recuperar a memoria histórica.
Ata a morte do ditador, a editorial publicou máis de 70, boa parte deles centrados nas actividades desenvolvidas polo Laboratorio de Formas, Sargadelos e o Museo Carlos Maside, entre os que hai que salientar os asinados por Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo e, no campo da literatura, as obras máis significativas de Xosé Neira Vilas que, xa nestes anos, acadarían varias reedicións.
Foi unhas das editoriais máis importantes de Galicia no século XX, con 20 coleccións de literatura, ensaio, historia, arte ou ciencia.
Coa chegada da democracia e coa incorporación da Imprenta Moret ao complexo cultural do Laboratorio de Industria e Comunicación (LICSL), levantado no Castro, creceu o número de publicacións da editorial, ata acadar os 1450 títulos (1963-2008) e o labor de edición centrouse moito máis nun dos seus obxectivos fundacionais: a recuperación da memoria histórica de Galicia, unha tarefa imposible de levar a cabo aínda nos anos finais da ditadura. Ediciós do Castro, baixo a dirección de Isaac Díaz Pardo, tivo a súa sede no edificio de LICSL, aínda que a partir dos anos noventa do pasado século tanto a dirección como o labor editorial pasouse a desenvolver desde Santiago, no Instituto Galego de Información.
Ediciós do Castro foi unas das editoriais máis importantes de Galicia no século XX, non só polo número de títulos publicados e as 20 coleccións de literatura, ensaio, historia, arte ou ciencia que alentou ao longo da súa traxectoria, senón tamén pola singularidade dalgunhas destas, entre as que hai que salientar:
- as dedicadas á memoria histórica, como a de Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia ou a Biblioteca do Exilio (en colaboración coa Editorial Renacimiento), ambas as dúas únicas no seu tempo en Galicia e en España, respectivamente.
- os Cadernos do Laboratorio de Formas e do Seminario de Sargadelos, estreitamente ligados ás ideas, aos proxectos e ás actividades das empresas do Grupo Sargadelos e, no campo das ciencias, as publicacións do Seminario de Estudos Galegos, sen parangón ata hoxe no mundo editorial galego.
- as publicacións periódicas, a promoción da edición dunha revista de culto, como foi, por exemplo, Luzes de Galiza (1985-1997).