Cuberta proxecto Galicia
Cuberta proxecto Galicia

Foi Lorenzo Varela quen, segundo Isaac Díaz Pardo, estivo na orixe da idea do Instituto Galego de Información (IGI), unha institución que se constituíu co obxectivo de crear un xornal galego e preferentemente en galego, independente e comprometido co país: Galicia, xornal do Instituto Galego de Información, como figura nos estatutos.

 

O Instituto Galego de Información (IGI) constituíuse co obxectivo de crear Galicia: un xornal galego, independente e comprometido co país.

Interior do IGI. Fotografía de Luis Díaz
Interior do IGI. Fotografía de Luis Díaz

Logo de varias reunións presididas por Ramón Piñeiro na súa casa e nas que participaron Lorenzo Varela, Seoane, Isaac Díaz Pardo, Celestino Fernández de la Vega e Rodríguez Pardo, asinouse na sede do Museo Carlos Maside a acta de constitución do Instituto Galego de Información. Asinaron 218 persoas, entre socios individuais e colectivos, que logo da ampliación pasaron a ser 325, e nomeouse un consello de nove membros que presidiu, ata a súa morte, Ramón Piñeiro.

O proxecto estaba formado por 325 socios e nomeouse un consello de nove membros que presidiu, ata a súa morte, Ramón Piñeiro.

As contribucións económicas foron, en xeral, pequenas e resultaron escasas para levar adiante o proxecto do xornal, tanto nese primeiro momento como posteriormente, cando se rematou de construír, a finais dos anos oitenta, a sede do IGI no Monxoi, en Santiago de Compostela. Era un edificio de 10 000 m² ideado para acoller o xornal, pero que contaba tamén con salas de reunións, arquivo, biblioteca, taller de deseño, taller mecánico, carpintería, cocina, comedor, cuartos para durmir, piscina e un impresionante auditorio subterráneo e circular cun escenario móbil e capacidade para 600 persoas.

As contribucións económicas foron pequenas e escasas para levar adiante o proxecto do xornal, polo que acabou converténdose na factoría cultural do Grupo Sargadelos baixo a dirección de Isaac como conselleiro delegado.

Pizarra nunha das salas do IGI que resume a actividade levada alí a cabo. Fotografía de Luis Díaz
Pizarra nunha das salas do IGI que resume a actividade levada alí a cabo. Fotografía de Luis Díaz

Aínda que nunca se desbotou a idea de crear o xornal, o IGI, baixo a dirección de Isaac como conselleiro delegado, acabou converténdose na factoría cultural do Grupo Sargadelos.

Foron moitas as actividades e traballos que se levaron a cabo no edificio: deseño de pezas de cerámica, confección, montaxe e mantemento das galerías, realización e coordinación de exposicións, organización de congresos, traballos de investigación histórica, documentación e biblioteca, conservación de importantes fondos bibliográficos e documentais da nosa historia contemporánea e as tarefas editoriais de Ediciós do Castro.

O edificio, situado en San Marcos, en Compostela, tiña 10 000 m² con salas de reunións, arquivo, biblioteca, taller de deseño, taller mecánico, carpintería, cocina, comedor, cuartos para durmir, piscina e un impresionante auditorio subterráneo para 600 persoas.

Interior do IGI. Fotografía de Luis Díaz
Interior do IGI. Fotografía de Luis Díaz

Ademais, acolleu as sedes e as actividades do Seminario de Estudos Galegos e da Asociación Galega de Editores, así como as doutros colectivos galegos relacionados coa cultura (congresos, música, teatro) ou co activismo cidadán. En 2006, o IGI comezou a deixar de funcionar cando algúns dos socios do Grupo Sargadelos depuxeron a Isaac Díaz Pardo dos cargos de presidente dos consellos de administración das fábricas de cerámica do Castro e de Sargadelos e pechou definitivamente as súas portas en 2011, ao ser destituído Díaz Pardo como conselleiro delegado.