Isaac co seu pai e máis traballadores no taller de escenografía de Díaz Baliño (1921).
Isaac co seu pai e máis traballadores no taller de escenografía de Díaz Baliño (1921).

Isaac Díaz Pardo naceu na casa-taller de seu pai, Camilo Díaz Baliño, importante escenógrafo, e medrou observando o proceso creativo dos carteis publicitarios e dos decorados para pezas teatrais, así como a adaptación destes últimos no escenario. Esta vivencia, sumada á súa grande amizade con Ricard Salvat e Manuel Lourenzo, daría como resultado que este xénero fose unha constante na súa vida, ben como autor, ben como creador de escenografías, vestiarios, caretas ou carteis de diferentes pezas, ben como mecenas, apoiando autores e compañías teatrais.

Isaac Díaz Pardo medrou observando o proceso creativo dos carteis publicitarios e dos decorados para pezas teatrais, así como a adaptación destes últimos no escenario, no taller de seu pai.

Podemos ordenar a súa produción como autor teatral, cartelista e escenógrafo ademais do seu papel como editor e promotor.

Escenografías

1972, El embrujado, de Ramón M.ª del Valle-Inclán para a Companyia Nacional Àngel Guimerà. Dirección: Ricard Salvat
1972, El embrujado, de Ramón M.ª del Valle-Inclán para a Companyia Nacional Àngel Guimerà. Dirección: Ricard Salvat

A maioría produto da súa amizade con Ricard Salvat:

  • 1972, Ligazón. Auto para siluetas, de Ramón M.ª del Valle-Inclán. Companyia Nacional Àngel Guimerà, Barcelona. Dirección: Ricard Salvat.
  • 1972, El embrujado, de Ramón M.ª del Valle-Inclán para a Companyia Nacional Àngel Guimerà. Dirección: Ricard Salvat.
  • 1980, Música só para ti, de Frank Xaver Kroetz. Companyia Nacional Àngel Guimerà. Dirección: Ricard Salvat.
  • 1980, O burro, de Xosé Ruibal, para a Compañía Ledicia.
  • 1980, Dansen de Bertold Brecht, para a Compañía Luis Seoane.
  • 1991, Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, producido polo Centro Dramático Galego. Dir.: Ricard Salvat. Destaca a produción das caretas por parte de Díaz Pardo.

O teatro foi unha constante na súa vida, ben como autor, ben como creador de escenografías, vestiarios, caretas ou carteis de diferentes pezas ou ben como mecenas, apoiando autores e compañías teatrais.

Carteis

Cartel deseñado por Díaz Pardo para a obra Dansen
Cartel deseñado por Díaz Pardo para a obra Dansen
  • 1980, O burro, de Xosé Ruibal, para a Compañía Ledicia.
  • 1980, Dansen, de Bertold Brecht, para a Compañía Luis Seoane.
  • 1980, XVII Festival Int. de Teatre de Sitges.
    A casa dos afogados, de Miguel Anxo Fernán-Vello. Dirección: Manuel Lorenzo. Centro Dramático Galego, 1991
    A casa dos afogados, de Miguel Anxo Fernán-Vello. Dirección: Manuel Lorenzo. Centro Dramático Galego, 1991
  • 1991, A casa dos afogados, de Miguel Anxo Fernán-Vello. Dirección: Manuel Lorenzo. Centro Dramático Galego, 1991.
  • 1993, Electra, segundo Eurípides. Versión e dirección: Manuel Lorenzo. EDG. Uvegá.
  • 1997, A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Sarabela Teatro.

Textos

Electra, segundo Eurípides. Versión e dirección: Manuel Lorenzo. EDG. Uvegá, 1993
Electra, segundo Eurípides. Versión e dirección: Manuel Lorenzo. EDG. Uvegá, 1993

Isaac escribiu Midas e O ángulo de pedra, dúas traxedias clásicas, datadas no Castro de Samoedo nos anos 1949 e 1951, respectivamente, e publicadas na Arxentina, na editorial Citania no ano 1957, con ilustracións e cubertas de Luis Seoane. Foi estreada por primeira vez no ano 2018 da man de Lino Braxe e da Deputación da Coruña, acompañada do facsímile desta obra tamén publicado pola Deputación.

Cego mecánico inventado por Isaac que cantaba as coplas dos carteis de cego
Cego mecánico inventado por Isaac que cantaba as coplas dos carteis de cego

Como ilustrador ou portadista de libros de teatro, A fiestra valdeira (terceira edición) e A doncela guerreira, de Rafael Dieste. Autor dos carteis de cego Paco Pixiñas e A nave espacial, con versos de Celso Emilio Ferreiro e música de Ramiro Cartelle, e inventor dun cego mecánico que canta esas coplas.

Editor e promotor

Como promotor deste xénero, Isaac, no seu papel de editor, publicou moitos textos teatrais e sobre teatro en Ediciós do Castro, de autores de diferentes xeracións, como Luis Seoane, E. Blanco Amor, Rafael Dieste, Ramón de Valenzuela, Tomás Barros, R. Carballo Calero, Luis Manteiga, A. Cotarelo Valledor, C. Fernández Mazas, Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Lino Braxe, Manuel Lourenzo, Francisco Pillado etc.

Isaac foi autor teatral, cartelista e escenógrafo, ademais de editor e promotor do xénero.

Auditorio do Instituto Galego de Información. Fotografía de María Lojo
Auditorio do Instituto Galego de Información. Fotografía de María Lojo

Sempre á disposición das compañías, o grupo de empresas contaba con tres auditorios do Grupo Sargadelos situados no Castro, no Instituto Galego de Información e en Sargadelos, cunha arquitectura específica para as representacións.

En Sargadelos, desde o ano 1973 e durante 35 anos, coincidindo coas Experiencias de Escuela Libre y Laboratorio Cerámico, logo chamadas Encontros Estivais de Sargadelos, contábase dentro da programación destas xornadas coas representacións de diferentes compañías, como a Escola Dramática Galega, o Teatro da Mari-Gaila, Mofa e Befa etc.

Sempre á disposición das compañías, o Grupo Sargadelos contaba con tres auditorios situados no Castro, no Instituto Galego de Información e en Sargadelos, cunha arquitectura específica para as representacións.

Isaac e Seoane no Castro coas máscaras  para a obra teatral de Ricart Salvat Castelao e a súa época, 1969.  Imaxe cedida pola Fundación Seoane
Isaac e Seoane no Castro coas máscaras para a obra teatral de Ricart Salvat Castelao e a súa época, 1969. Imaxe cedida pola Fundación Seoane

Destaca ademais o seu labor por conservar no Museo Carlos Maside as caretas e os figurinos para a obra teatral Os vellos non deben namorarse, feitos na Arxentina. Vinte caretas de xeso que representan os actores, o deseño das vestimentas e a ambientación das escenas, o que conforma un dos conxuntos máis importantes do patrimonio do Museo Carlos Maside.